A consultora Pons Mobility debate en Madrid sobre o modelo urbano de Pontevedra

Pontevedra
16 de maio 2023

O Concello de Pontevedra participa este xoves 17 no foro denominado 'A mobilidade como motor social' coa representación de Demetrio Gómez, concelleiro de Mobilidade

Demetrio Gómez, concelleiro de Mobilidade Mónica Patxot

Demetrio Gómez, concelleiro de Mobilidade, participa este mércores 17 de maio nunha mesa de debate que se celebrará en Madrid baixo o título 'A mobilidade como motor social', na Fundación Pons.

Este encontro está organizado pola compañía especializada en proxectos de consultoría para o desenvolvemento da innovación en mobilidade Pons Mobility, en representación do Círculo para a Descarbonización Neutral In Motion, no que se integran as principais federacións e asociacións de automoción do Estado, segundo indica o goberno local.

Persoas relacionadas coa mobilidade procedentes de Madrid, Burgos, Palencia, Valencia e Pontevedra debaterán sobre as medidas que se deben abordar para facer fronte á descarbonización e á nova circulación polas cidades.

O Concello de Pontevedra achegará as medidas adoptadas no modelo de cidade que o goberno local leva anos desenvolvendo en Pontevedra coa redución do tráfico rodado a través de medidas de peonalización. Entre outros temas, tratarase a participación cidadá nestas medidas.