A construción e rehabilitación de vivendas en 2021 reduciuse un 14% na provincia

Pontevedra
27 de xaneiro 2022

As novas promocións de vivenda representan o 43% das obras rexistradas no pasado exercicio e gañan terreo fronte a 2020, ano da chegada da  Covid, cando só representaron o 31% e as rehabilitacións disparáronse ata o 69%

Obras de construción do hospital público Gran Montecelo Xunta de Galicia

Os expedientes de dirección de obras na provincia de Pontevedra durante 2021, un total de 1.641, rexistraron un retroceso do 14 por cento respecto a os contabilizados en 2020 (1.910), o ano da chegada da pandemia da Covid19, segundo os datos da Oficina Técnica do Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de Pontevedra (Coatpo).

A construción e rehabilitación de vivendas da provincia de Pontevedra está a notar o impacto da sexta onda do coronavirus, xerada desde finais de 2021 pola variante ómicron, e tamén a crise de subministracións no sector da construción coa carencia de materiais e o consecuente encarecemento de proxectos, un feito que comezou a constatarse a partir da segunda metade do pasado ano. De feito, o bajón dos expedientes de obras rexistrado por Coatpo no cuarto trimestre de 2021 foi máis acusado e chegou ata o 40 por cento, ao pasar dos 476 proxectos (cuarto trimestre de 2020) aos 283 proxectos do últimos tres meses do pasado exercicio.

"A incerteza xerada pola pandemia da Covid19, que non acaba de despexarse; e o problema do desabastecemento de materiais e os atrasos xurdidos nas cadeas de subministración na construción e rehabilitación de vivendas, están a pasar factura ao noso sector", indica Manuel Rañó, presidente do Colexio Oficial da Arquitectura Técnica de Pontevedra.

Rañó reitera que a construción e rehabilitación de vivendas "está chamada a ser a protagonista da recuperación económica do futuro máis próximo". E basea a súa afirmación na chegada a Galicia nos próximos anos de fondos públicos procedentes da Unión Europea para a reforma e rehabilitación de edificios e vivendas. "Os arquitectos técnicos de Pontevedra confiamos en que 2022, se as circunstancias sanitarias permíteno e a crise de subministracións de materiais resólvese, sexa o ano do despegamento".

Pese á caída rexistrada na segunda metade de 2021, Manuel Rañó é optimista e cre que 2022 será "un bo ano" para o seu sector. Cre que a chegada de fondos públicos da Unión Europea para reformar vivendas e edificios exercerán de "correa de transmisión" e servirán para a recuperación do sector. 

"O sector da construción e rehabilitación de vivendas está chamado a ser o motor do despegamento" económico nos próximos anos. E fala con coñecemento de causa. "A final de 2021 caeron os expedientes de dirección de obras pero nos últimos meses do pasado ano percibimos en Coatpo unha subida destacada dos trámites dos nosos colexiados e colexiadas". "En cuarto trimestre do pasado ano tamén subiron considerablemente os Certificados de Eficiencia Enerxética e os Informes de Avaliación de Edificios", destaca.

AS VIVENDAS NOVAS RECUPERAN PROTAGONISMO

A construción de vivenda nova tamén está chamada a ser protagonista. Os proxectos de rehabilitación e reformas convertéronse en líderes do sector en 2019, 2020 e tamén en 2021, por mor da pandemia da Covid19 e dos comportamentos de moitos propietarios, que decidiron acondicionar as súas casas e abordar melloras nos seus domicilios para gañar confort ante a posible persistencia do coronavirus e as súas variantes. 

As rehabilitacións representaron en 2020 o 59% dos expedientes de obras rexistrados en Coatpo. E o restante 41% foi obra nova. Durante o ano pasado as reformas baixaron ata o 56%; e as promocións novas subiron ata o 43%. Por exemplo, o último trimestre de 2021 rexistrou na provincia de Pontevedra 167 expedientes de dirección de obras novas, dun total de 283. Neses tres meses a balanza inclinouse, por primeira vez nun trimestre dos últimos anos, a favor das novas promocións, que representaron o 59,01 por cento do total.