A comisión de Pesca do Parlamento Europeo non falará da flota cefalopodeira

Marín
18 de febreiro 2013

O responsábel da CIG-Mar, Xabier Aboi, denunciou que, tal e como sospeitaban, a comisión de Pesca do Parlamento Europeo que se reúne este martes día 19 non debatirá a situación da flota cefalopodeira a petición de Mauritania, que solicitou a retirada do tema da orde do día

Manifestación en apoio á flota cefalopodeira CIG-Mar

O responsábel da CIG-Mar, Xabier Aboi, denunciou que, tal e como sospeitaban, a comisión de Pesca do Parlamento Europeo que se reúne este martes día 19 non debatirá a situación da flota cefalopodeira a petición de Mauritania, que solicitou a retirada do tema da orde do día.

Aboi critica o "silencio cómplice" do Goberno español e da Xunta, que "amosan unha vez máis o seu desprezo por unha industria fundamental para a nosa economía".

O máximo responsable do sector do Mar da CIG explicou que tiveron coñecemento da decisión de retirar da orde do día a situación dos cefalopodeiros a través dos contactos que teñen en Bruxelas.

"Tal e como sospeitabamos optaron por retirar a cuestión da mesa a petición de Mauritania, que prefire adiar o debate", critica.

"O Goberno español e da Xunta non fan máis que mirar para o outro lado demostrando que non lles importa o máis mínimo a nosa flota", afirmou Aboi.

Arquivado en