A Policía Local deseñou un operativo especial de tráfico que se activará na cidade de Pontevedra o próximo sábado 16 de abril con motivo do campionato galego de dúatlon.
Así, a circulación rodada pola beira do Lérez quedará retrinxida durante case todo o día para deixar o espazo libre para a celebración desta proba deportiva.
En concreto, a avenida de Bos Aires, entre a Ponte dos Tirantes e a Ponte das Palabras, estará pechada entre as 9:00 e as 21:30 horas, aproximadamente.
No caso da Ponte dos Tirantes, só se poderá utilizar para entrar na cidade, xa que os carrís de entrada estarán ocupados entre as 15:00 e as 19:30 horas.
E a Ponte das Palabras, que une Monte Porreiro con Lérez, estará pechado por completo durante esas case cinco horas, de 15:00 a 19:30 horas.