A chuvia, "un problema engadido" para a creación de emprego, segundo Louzán

Pontevedra
04 de febreiro 2014

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, referiuse aos datos do paro, incidindo en que xaneiro "é sempre un mes difícil", pero ademais nesta ocasión se da "un problema engadido", que é o do mal tempo, que está a facer que moitas empresas "non activen vos seus contratos pola situación climatolóxica" que lles impide comezar as obras

Asfaltado dunha estrada provincial PontevedraViva

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, referiuse aos datos do paro, incidindo en que "non son ás mellores noticias que se puideran recibir, pero agora o que hai que facer é reverter esa situación canto antes".

Louzán recordou que xaneiro "é sempre un mes difícil", pero ademais nesta ocasión se da "un problema engadido", que é o do mal tempo, que está a facer que moitas empresas "non activen vos seus contratos pola situación climatolóxica" que lles impide comezar as obras.

O mandatario provincial recalcou o grande esforzo investidor que está a realizar a Deputación, que cada semana está a adxudicar obras por importe de varios millóns de euros e que permiten manter e xerar emprego nas empresas da provincia, pero lamentou que "nestes momentos moitos deses traballos non poden iniciarse.

"Somos a institución, probablemente, co maior volume de obra de toda Galicia pero non podemos empezar, moitas empresas prefiren estar paradas e polo tanto non activan os seus contratos porque coa situación climatolóxica é imposible traballar", dixo Rafael Louzán.

Arquivado en