A Casa do Concello de Pontevedra iluminarase de verde polo Día Nacional da Artrite

Pontevedra
22 de setembro 2015

Esta iniciativa está impulsada pola Coordinadora Nacional de Artrite (ConArtritis) no contexto da campaña 'Outubro, mes da artrite e a espondiloartritis'

Casa do Concello de Pontevedra Juan Mejuto

A Casa do Concello de Pontevedra, do mesmo xeito que outros edificios e monumentos de diferentes cidades de España, iluminarase de cor verde na noite do próximo 1 de outubro con motivo da celebración do Día Nacional da Artrite.

Esta iniciativa está impulsada pola Coordinadora Nacional de Artrite (ConArtritis) no contexto da campaña 'Outubro, mes da artrite e a espondiloartrite'.

A campaña incluirá diferentes actividades durante o mes de outubro para concienciar sobre a realidade dos pacientes con artrite, con xornadas e mesas informativas.

O obxectivo da campaña é informar e formar á poboación sobre os diferentes tipos de artrites, como a artrite reumatoide, a artrite psoriásica, a artrite idiopática xuvenil e a espondiloartrite, que en total afectan a un millón de persoas en España.