A canle do río Lameira acondiciónase para soportar as choivas do inverno

Marín
08 de outubro 2015

O Concello de Marín procedeu á contratación dunha empresa especializada para acometer a limpeza do río Lameira

Limpeza do río Lameira Concello de Marín

O Concello de Marín procedeu á contratación dunha empresa especializada para acometer a limpeza do río Lameira.

Esta actuación persegue que o tramo máis urbano quede libre de maleza, para evitar os efectos dos arrastres de pedras e demais elementos que dificulten a canle e que poida dar lugar a inundacións ou desbordes.

Os labores de limpeza e acondicionamento do río e dos regachos adxacentes, discorre desde Ponte Zapal ata o lavadoiro de Coirados onde arrincaron o mércores e avanzan no sentido do río cara ao centro urbano.

Estes traballos son fundamentais para ter o río vixiado, controlado e que os arrastres que se van producindo con motivo das choivas intensas do inverno non provoquen sobresaltos.

A limpeza desenvolverase ao longo deste mes de outubro.