A candidatura de Alejandro Regueiro celebra unha festa no Liceo Casino

Pontevedra
18 de novembro 2018

Un dos dous candidatos á presidencia da entidade pontevedresa celebraba este sábado unha festa, na sede da rúa Manuel Quiroga, aberta aos socios coa actuación do grupo UltraFónicos e con sorteo de agasallos

Festa da candidatura de Alejandro Regueiro Diego Torrado

Os socios do Liceo Casino de Pontevedra volverán depositar o seu voto nas urnas, a finais de mes, para elixir á persoa que presidirá a entidade durante os próximos anos. O sorprendente empate entre o presidente en funcións Jaime Olmedo e o aspirante Alejandro Regueiro resolverase o vindeiro venres 30 de novembro. 

Mentres, ambos os aspirantes á presidencia están a desenvolver diferentes propostas co obxectivo de solicitar apoios para esa nova cita electoral. Este sábado, a candidatura de Alejandro Regueiro celebraba unha festa aberta a todas as persoas socias do Casino na sede da rúa Manuel Quiroga.

Non foi un acto electoral ao uso, senón unha reunión de amigos e persoas cun interese común: o Liceo Casino. Nesta celebración, que buscaba ser un punto de encontro entre integrantes da entidade, actuaba o grupo UltraFónicos, que realizou versións de grandes éxitos musicais tanto nacionais como internacionais de diferentes épocas, que animaron ao numeroso grupo de socios que se achegaron ata a festa.

Neste evento houbo tamén un viño de benvida, un petisco, ademais do sorteo de agasallos e diferentes sorpresas. 

A candidatura de Regueiro conta cun equipo integrado por Mercedes Arbolí Cervera-Mercadillo, como contadora; Andrés Domínguez Artime, María Prieto Cervera-Mercadillo, Daniel Tomás López, María Victoria Lage Zapatero, Sergio Lage Cuiñas e Pilar Piñón Esteban.