A Brilat vai a Polonia

Pontevedra
09 de maio 2016

A Brilat pontevedresa intégrase no núcleo central das forzas de "Moi Alta Dispoñibilidade" coñecidas polas súas siglas en inglés VJTF (Very High Readiness Joint Task Force) da OTAN deseñado no Cume de Gales

Saída dos efectivos da Base da Brilat en Figueirido cara Polonia BRILAT OC

A Brigada Galicia VII, a Brilat, inicia o seu movemento cara a Polonia onde realizará tres exercicios multinacionais que supoñerán a constatación das capacidades adquiridas durante a fase de preparación que se veu desenvolvendo ao longo deste ano, relacionadas todas elas coa moi alta dispoñibilidade e a elevada capacidade para a súa proxección e despregamento, alá onde a OTAN así o determine e que caracteriza de forma moi especial a esta forza.

A Brilat pontevedresa intégrase no núcleo central das forzas de "Moi Alta Dispoñibilidade" coñecidas polas súas siglas en inglés VJTF (Very High Readiness Joint Task Force) da OTAN deseñado no Cume de Gales.

Desde o Ministerio de Defensa destacan que deste xeito "se confirma que as capacidades operativas e conceptos como a integración e interoperabilidade foron totalmente adquiridos para desenvolvelos nun ambiente complexo e conxunto".

Os soldados galegos participarán nestes exercicios xunto a un Batallón de Infantería Británico, unha Compañía Albanesa, unha Compañía Acoirazada Polaca, unha compañía Helicópteros de Estados Unidos e observadores de Portugal. En total uns 2.000 participantes, dos cales máis de 900 son achega española.

Estes exercicios son:

  • BRILLIANT JUMP
    • Este exercicio consiste na activación, proxección e despregamento da VJTF 16 no Campo de Manobras de Zagan (Polonia). Iníciase desde o porto de Vigo (material) e varios aeroportos españois (persoal) (Santiago de Compostela, Adolfo Suárez, Ramón e Manises). O primeiro voo será en día 15 de maio e o groso írase o día 22 de maio. A data prevista de saída do barco do porto de Vigo será o día 13 de maio, durante os días anteriores realizásese o traslado de todo o material necesario. Desprazaranse ao redor de 250 vehículos entre lixeiros e pesados e uns 40 colectores. 
  • VALIANT FALCON
    • Durante este exercicio que consta de dous partes (unha na que só actuarán os postos de mando e outra na que participarán as súas unidades subordinadas), seguirase traballando sobre a interoperabilidade e os procedementos mediante exercicios de nivel táctico e en accións combinadas acordadas por todos os países participantes, aumentando con iso a cohesión da VJTF BDE.
  • ANAKONDA
    • Solapado ao VALIANT FALCON, é un exercicio que se realiza bianualmente entre o exército dos EEUU e o exército polaco, ao que se convida a países OTAN e non OTAN. A súa finalidade é aumentar a integración, instruír a forzas multinacionais nun ambiente híbrido de alta intensidade. Participará nunha primeira fase limitada do 7 ao 9 de xuño.