A BRILAT duplicou este mes de xullo os seus rastrexadores telefónicos de covid-19

Pontevedra
30 de xullo 2021

A 'Misión Baluarte' de apoio á sociedade para paliar os efectos da crise sanitaria ten mobilizados en Galicia a corenta rastrexadores que se suman a outros vinte da Armada

Inicio do traballo do rastrexadores do Ministerio de Defensa na base da Brilat Mónica Patxot

Ata sesenta efectivos da BRILAT e da Armada están activos a peche de xullo en Galicia no marco da 'Misión Baluarte'. Unha operación militar que presta o seu apoio á sociedade para paliar os efectos da crise sanitaria provocada pola covid-19. 

Estes efectivos, que traballan como rastrexadores telefónicos, duplicáronse na última semana e no que respecta a os militares do Exército de Terra. O pasado 12 de xullo realizaban estas funciones vinte rastrexadores da BRILAT e outros vinte da Armada; un día despois incorporáronse dez máis entre os primeiros e outros dez o pasado 26 de xullo.

O persoal militar, que conta coa formación necesaria para estes labores, contactan con persoas que deron positivo en covid-19, interesándose polo seu estado de saúde, acceso a medicación e alimentación, se son persoas de risco ou para identificar contactos recentes desde que presentaron síntomas ou desde a confirmación do positivo. Encárganse igualmente de seguir contactos que, sendo negativos, deben cumprir a corentena domiciliaria. Ademais, esta semana  tambén faise seguimento das variantes de Arxentina, Bolivia, Colombia e Namibia.

Dos 5 millóns de chamadas que levan realizadas ata o de agora as diferentes Unidades de Vixilancia Epidemiolóxica, a de Galicia contabiliza ata millón e medio de chamadas. No caso da BRILAT conta con cincocentos efectivos preparados para estes fins de rastrexadores telefónicos.