A Brilat concéntrase en Figueirido e Asturias para ultimar a misión de Afganistán

Pontevedra
01 de outubro 2012

Os mil soldados que integrarán o novo contingente realizan as últimas tarefas de instrución, administrativas e loxísticas antes do seu despregamento, o primeiro que durará seis meses

Efectivos da Brilat durante o exercicio de integración realizado en setembro de 2012 en San Gregorio (Zaragoza) BRILAT OC

A un mes do seu despregamento efectivo en Afganistán, a Brigada de Infantaría Lixeira (Brilat) Galicia VII comeza a súa fase de concentración. Dende este luns 1 de outubro e durante tres semanas, os mil efectivos que integrarán o novo continxente militar español no país asiático permanecerán nas bases da Brigada en Figueirido e Cabo Noval (Sieiro-Asturias) para dar os últimos retoques á misión.

Durante o período de concentración os soldados xa compartirán espazo e exercicios cos seus compañeiros durante os próximos seis meses e ultimaranse as tarefas administrativas e loxísticas necesarias para o despregamento. Despois dun acto oficial de despedida e uns días na casa para despedirse dos seus achegados, os militares empezarán a desprazarse a Afganistán nos últimos días de outubro.

O continxente está integrado por 800 militares da Brilat e 200 doutras unidades do Exército de Terra, a Armada, o Exército do Aire e a Garda Civil. Desempeñará a misión ASPFOR XXXII, que será a trixésimo segunda rotación española en Afganistán e a sexta da Brigada, e estará ao mado do coronel xefe da Rilat 'Príncipe 3' de Asturias, Fernando García González-Valerio.

A Bilat 'Toledo II/3' de Asturias será a unidade base para a constitución do Batallón de Manobra, núcleo principal do devandito continxente. Ademais, neste continxente que se integrará na Forza Internacional para a Asistencia da Seguridade (ISAF) tambén serán da Brilat la Plana Mayor de Mando da agrupación, a Unidade de Apoio á Base (UABA), a Unidade de Protección e Seguridade (UPS), a Unidade de Enxeñeiros, a Unidade de Transmisións e os Equipos de Asesoramento ao Exército afgán (MAT).

O continxente complétase con unidades da Garda Civil; unha Unidade de Apoio Loxístico da Unidade de Apoio Loxístico 61 de Valladolid; unha Unidade de Operacións Psicolóxicas (PSYOPS) do Rexemento de Intelixencia número 1 de Valencia; equipos de Control Aéreo Táctico do Exército do Aire e Infantaría de Mariña; unha unidade Cívico-Militar do Mando de Artillaría de Campaña; e persoal do Batallón de Helicópteros de Manobra III e de Transporte V.

A Brigada asumirá o inicio do repregamento español da misión afgá

A nova misión afgá será a primeira que dure seis meses (as previas prolongáronse entre catro e cinco meses) e terá como trazo distintivo con respecto ás anteriores que será a que inicie o repligue español de chan afgán. Seguindo as directrices da OTAN, o Ministerio de Defensa fixou para 2014 a retirada definitiva de España de Afganistán. Antes de chegar a ese paso final, o repregamento será progresivo e empezará este novembro coa Brilat.

O continxente xa terá un 10% menos de persoal que o que está despregado en zona nestes momentos (baixo mando da Brigada Paracaidista) e terá que asumir o repregamento, de aquí ao mes de abril, dos dous postos avanzados de combate (COP) que España ten en Ludina e Moqur, na mesma provincia de Badghis na que está a base de operacións da misión, Qala i Naw.