A Bonoloto deixa en Pontevedra un premio de 43.766 euros

Pontevedra
21 de setembro 2017

O boleto, que corresponde a un segundo premio, foi selado na adminitración de Loterías número 4 da cidade, na rúa Raíña Vitoria

Premio da Bonoloto na administración de Loterías de Raíña Vitoria Mónica Patxot

A sorte deixou un pequeno belisco en Pontevedra co último sorteo da Bonoloto.

Un billete selado na administración de Loterías número 4 da cidade, cuxa titular é Carmela Díaz Lorente, na rúa Raíña Vitoria, resultou agraciado co segundo premio.

Sen acertantes de primeira categoría, o premio por ter acertado cinco números máis o complemetario supón unha recompensa de 43.766 euros.

Ademais do acertante pontevedrés, houbo outros tres agraciados co premio de segunda categoría en Viveiro, Madrid e Lleida.

A combinación que resultou premiada foi a composta polos números 1, 8, 9, 22, 23, 31 e o complementario 29.