A Boa Vila non rexistrou novos contaxios nas últimas 24 horas

Pontevedra
05 de xaneiro 2021

Sen variación no número de casos activos notificados este martes pola xerencia da Área Sanitaria ao concello de Pontevedra. Así na cidade do Lérez mantéñense os 154 infectados de covid-19 que había este luns, polo que continúa sen rexistrar contagios nas últimas horas. O número de contactos en seguimento é de 1.693 persoas

Xente paseando pola rúa con máscara Mónica Patxot

Sen variación no número de casos activos notificados este martes pola xerencia da Área Sanitaria ao concello de Pontevedra. Así na cidade do Lérez mantéñense os 154 infectados de covid-19 que había este luns, polo que continúa sen rexistrar contagios nas últimas horas. O número de contactos en seguimento é de 1.693 persoas.

En Poio o número de casos este martes é de 41 persoas infectadas, unha menos que onte. Neste municipio hai 339 contactos en seguimento.

Tamén se produciu unha alta médica e, por tanto, descende nunha persoa o número de casos activos de Marín onde son 48 as persoas contaxiadas.

Noutros concellos como en Vilagarcía son 88 a día de hoxe, catro menos que onte, e 579 contactos en seguimento. No municipio de Bueu, o número de casos é de 65 (4 máis que onte) e en Vilanova de Arousa 7 (1 menos).