A boa evolución da pandemia da covid-19 que presenta a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés retardouse na última xornada. Tras varios días de estabilidade nos hospitais e semanas de redución de casos activos, este martes hai un paciente ingresado máis e tres casos activos máis que o día anterior.
Segundo o última balance oficial, con datos das seis da tarde do luns, este martes hai oito pacientes ingresados na área, todos eles no Hospital Montecelo. Dous están na unidade de Coidados Críticos, a mesma cifra que o día anterior, e seis están ingresados en planta de hospitalización. É un máis que no último parte.
En canto aos casos activos, este martes hai 85, tres máis que o luns, tras unha xornada na que se confirmaron cinco novos positivos e déronse dúas altas.
Deles, 77 casos teñen síntomas leves ou son asintomáticos, de modo que se recuperan en illamento domiciliario baixo supervisión médica.
Desde o inicio do plan de continxencia da covid-19 curáronse 21.122 pacientes e faleceron 204.
En canto a realización de PCR’s, seguen un ritmo similar que nas últimas semanas. Nas últimas 24 horas fixéronse 143, que se elevan a 302.655 o total das xa efectuadas desde o inicio da pandemia. Ademais, realizáronse 139.527 test de antígenos e 108.309 probas doutra natureza.