A Banda de Guerra da Brilat e Os Afoutes do Canón de Pau participarán na procesión das Festas de Carballedo

Cerdedo-Cotobade
15 de agosto 2024

O Concello de Cerdedo-Cotobade presentou o programa das Festas de Carballedo na honra de San Roque e San Antón, que se celebrarán os días 18 e 19 de agosto

Os Afoutes do Canón de Pau A.C. Os Afoutes do Canón de Pau

O Concello de Cerdedo-Cotobade presentou o programa das Festas de Carballedo na honra de San Roque e San Antón, que se celebrarán os días 18 e 19 de agosto.

O domingo 18 de agosto, a festa arrancará cun pasacalles a cargo dos Afoutes do Canón de Pau e continuará cunha misa solemne seguida dunha procesión acompañada pola Banda Escola Unión Musical de Tenorio.

Pola noite, o programa incluirá o concerto 'Querida Montserrat, Querido Luciano', e despois unha gran verbena co Somoza Trío, a orquestra Saudade, e o DJ Josinho.

O luns 19 de agosto, a celebración centrarase en honrar a San Antón, con actos como unha misa solemne, procesión coa participación da Banda de Guerra da Brilat e Os Afoutes do Canón de Pau.

A continuación terá lugar a entrega do ramo aos "mordomos" saíntes Sofía Villaverde Rodríguez e José Ángel Sousa Pereira e Maruxa Cabaleiro Cuíñas e Miguel Vilas Aguete e a recepción aos entrantes, Carmen Martínez Fernández e Barja e Miguel Puig García.

A xornada rematará cunha verbena a cargo do grupo Claxxon e o Trío Azar.

O alcalde, Jorge Cubela, xunto co tenente de alcalde, Fernando Vázquez, e os mordomos das festas, destacaron a variedade das actividades previstas.