A Audiencia de Pontevedra arquiva o caso pola desaparición de Sonia Iglesias

Pontevedra
21 de abril 2015

O Fiscal Xefe da Audiencia de Pontevedra, Juan Carlos Aladro, confirmou que agora xa non cabe ningún recurso porque a resolución da Sala pon fin ao procedemento e permite, tendo en conta a inexistencia de ilícito, que se arquive provisionalmente. O Fiscal Xefe insistiu en que "ni la Fiscalía ni la Policía van a dejar de investigar esta desaparición"

Manifestación con motivo da desaparición, hai 4 anos, de Sonia Iglesias PontevedraViva

Arquívase a causa da desaparición de Sonia Iglesias. A sección cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra desestimou os recursos presentados pola Fiscalía e a familia da moza. Ambas as dúas partes recorreran o auto do Xulgado de Instrución número 3 de Pontevedra, especializado na Violencia contra a Muller, que acordou o seu sobresemento provisional.

Entendía este xulgado que procedía o arquivo da causa, das actuacións e o arquivo das mesmas "por non existir indicios sólidos para acordar a continuación do procedemento contra a persoa do imputado", Julio Araújo, compañeiro sentimental da pontevedresa. O devandito auto queda agora confirmado pola Audiencia.

O avogado de Julio Araújo, Jesús Santaló, recalcou que o recurso da Audiencia "ni siquiera otorga el valor de prueba, valorando como simples sospechas" as acusacións contra o seu cliente, polo que conclúe que "no hay bases" para manter aberto o caso "y menos para citar un auto de procesamiento" á parella sentimental de Sonia.

O Fiscal Xefe da Audiencia de Pontevedra, Juan Carlos Aladro, confirmou que agora xa non cabe ningún recurso porque a resolución da Sala pon fin ao procedemento e permite, tendo en conta a inexistencia de ilícito, que se arquive provisionalmente.

O Fiscal Xefe insistiu en que "ni la Fiscalía ni la Policía van a dejar de investigar esta desaparición"

Segundo explicou Aladro, isto significa que non se arquiva definitivamente ata que non transcorran os períodos de prescrición do ilícito penal.

A reapertura do caso estaría supeditada, fundamentalmente á aparición de novas probas.

O Fiscal Xefe insistiu en que "ni la Fiscalía ni la Policía van a dejar de investigar esta desaparición".

A Sección Cuarta desestima todos os recursos da familia Iglesias Eirín, representada pola avogada Isabel Blanco. Especialmente a proba neurolóxica P-300, que analiza o Potencial de Evocación Cognitivo, é denominada popularmente como "Test da verdade", e consistiría en rexistrar a actividade cerebral da persoa investigada nunha máquina mentres se lle mostran imaxes relacionadas co caso.

A reapertura do caso estaría supeditada, fundamentalmente á aparición de novas probas

O tribunal pontevedrés afirma no seu fallo que "a P-300 proposta polo Ministerio Fiscal foi rexeitada por un fundamento impecable no auto agora operado. Non consiste só en localizar ou descubrir o paradoiro da desaparecida senón que é unha dilixencia da instrución cuxo obxecto é investigar a conduta da persoa investigada e que por iso podería ser utilizado na súa contra polo que permitir a súa práctica podería vulnerar os seus dereitos".

Cabe recordar que o artigo 24.2 da Constitución Española establece, entre outros dereitos dos cidadáns ante a Xustiza, o de "non declarar contra si mesmos" e o de "non se confesar culpables". Por este motivo entenden os maxistrados que "o test da verdade" vulneraría esta garantía de non se autoincriminar.

O propio auto inclúe outro motivo máis para o rexeitamento desta proba como é a "falta de regulación, sen que se acreditase a súa admisión pola comunidade científica, non constando as taxas de fidelidade, nin se é posible que se dean falsos positivos".

Arquivado en