A alcaldesa de Marín, María Ramallo, recibiu no Concello á recentemente constituída Asociación de Propietarios de Montes do Morrazo (APMM), impulsada por un grupo de veciños da comarca.
O propósito deste colectivo é o de recuperar o terreo forestal privado, mellorar a súa produción e rendibilidade e crear de emprego vinculado a esta actividade
Nos seus primeiros pasos esta asociación está a tratar de localizar e sinalar os terreos dos que dispoñen os seus membros. Por este motivo solicitaron o apoio institucional na obtención de información, tanto gráfica como sobre a propiedade das parcelas.
Tamén pediron que o Concello limpe os camiños para facilitar a localización dos propietarios das parcelas. Ademais pediron axuda económica para as súas xestións que inclúen contactos e reunións cos directivos das comunidades de montes da comarca, para expoñerlles o seu proxecto.