A Asociación de Párkinson Pontevedra lanza a primeira campaña "creada 100% con intelixencia emocional"

Pontevedra
11 de abril 2024
Actualizado: 30 de setembro

A campaña pretende poñer de manifesto a importancia das redes de apoio e coidados. Máis que nunca, fortalecer os lazos emocionais para mellorar a calidade de vida de quen vive e conviven con esta enfermidade

Campaña da Federación española de Párkinson Federación española de Párkinson

Con motivo do Día Mundial do Párkinson que se conmemora cada 11 de abril, a Asociación de Párkinson Pontevedra alza a voz para visibilizar a realidade de todas as persoas que conviven con esta enfermidade a través da campaña 'Reivindiquemos a Intelixencia Emocional'.

Con esta iniciativa pretenden poñer de manifesto a importancia vital das conexións humanas, situando ás persoas #ante unha situación de soidade.

O compromiso este ano é promover a "intelixencia emocional" como "recurso esencial para fortalecer as redes de apoio e coidados necesarias para avanzar cara a unha mellor calidade de vida das persoas afectadas e as súas familias".

O párkinson é unha enfermidade crónica e neurodegenerativa cuxa prevalencia se duplicou nos últimos 25 anos e que se estima que afecta a máis de 160.000 persoas en España, e a máis de 8,5 millóns de persoas en todo o mundo.

A evidencia científica recentemente puxo o foco na relación entre soidade non desexada e saúde. 

Desde a Federación Española de Párkinson defenden que coñecer, conectar e compartir o proceso persoal da enfermidade de Parkinson facilita que as habilidades e recursos persoais contribúan á mellora da súa calidade de vida.

A Asociación Parkinson provincia de Pontevedra, leva máis de 20 anos ofrecendo asesoramento, desempeñando un papel fundamental na vida das persoas afectadas e as súas contornas de coidados como fonte de apoio e información, acudindo máis de cen persoas ao mes en busca de fisioterapia, logopedia, estimulación cognitiva apoio emocional entre outros servizos.