A Asociación de Canteiros aplaude o traspaso da Escola, con algún matiz

Poio
31 de agosto 2023

"Levamos preto de trinta anos demandando a homologación", é esta reivindicación será unha realidade no curso 2024-25

Acto de sinatura de traspaso da Escola de Cantería á Xunta de Galicia Deputación de Pontevedra

A Asociación de Canteiros de Poio considera "moi positivo" o traspaso da Escola de Cantería da Deputación á Xunta de Galicia.

"Levamos preto de trinta anos demandando a homologación", é esta reivindicación será unha realidade no curso 2024-25.

Esta asociación tamén valora positivamente a integración destes ciclos de obra civil, pedra natural e artes plásticas, "achamos que deste xeito pode facerse unha formación completa e a escola poderá ser un referente moi importante dentro do sector, estaremos aí para ver que sexa unha realidade".

Ademais, queren que a Xunta de Galicia conte coa Asociación de Canteiros de Poio, no seu nacemento e que se estableza un nexo entre antigos alumnos e nova Escola, "para establecer a posibilidade da mutua transmisión do coñecemento".

Pero a Asociación de Canteiros de Poio tamén critica a acreditación de anos de experiencia laboral polas titulacións de canteiro e mestre canteiro de 3 e 5 anos que considera "insuficiente" xa que asegura que "eses títulos expedidos pola Deputación de Pontevedra ao antigo alumnado deben ter maior valor".