A asociación contra o cancro pecha o "rastrillo" con récord de vendas

Pontevedra
14 de xaneiro 2020

Máis de 60 persoas voluntarias atenderon durante este tempo de luns a sábado o local situado na rúa Michelena

Inauguración do rastro solidario da AECC Cristina Saiz

A Asociación Española Contra o Cancro (AECC) clausura o seu "rastrillo" solidario nun acto que terá lugar este mércores, 15 de xaneiro ás 10 horas, na rúa Michelena número 26.

Desde o 15 de novembro as instalacións estiveron atendidas por máis de 60 persoas voluntarias en horario de luns a sábado.

A AECC tamén agradece ao Banco Santander a cesión do local "xa que foi clave para que este ano se consiga un récord de vendas nos 26 anos de historia deste evento solidario".

Grazas a isto a asociación pode seguir apoiando e acompañado a pacientes oncolóxicos e familiares durante todo o proceso da enfermidade a través de profesionais e voluntarios en sede, hospitais e domicilios, realizando campañas de prevención para diminuír a incidencia do cancro entre a poboación xeral e financiando proxectos de investigación.