A Asociación Española Contra o Cancro abriu este luns as portas do seu rastrillo solidario de Pontevedra, situado no número 22 da rúa Oliva.
Unha trintena de voluntarios atenderán esta tenda solidariaata o próximo 15 de xaneiro en horario de 10.30 a 13.30 e de 17.30 a 20.30 horas.
De luns a sábado poñeranse á venda todo tipo de artigos, desde xoguetes a libros, pasando por roupa e material deportivo e obxectos de decoración ou complementos. O fin é recadar fondos para que a asociación poida continuar cos seus programas, proxectos e servizos que se ofrecen de balde ás persoas con cancro e as súas familias.
O rastrillo da AECC cumpre 24 anos na Boa Vila.