A Asociación Boa Vida e Nosa Enerxía se alían para apoiar proxectos sociais

Pontevedra
23 de outubro 2019

Este apoio tradúcese en que por cada persoa vinculada coa asociación Boa Vida que se faga socia de Nosa Enerxía, a cooperativa destinará unha porcentaxe do beneficio da factura anual do consumo da luz para un proxecto de inclusión activa, como mínimo 10 euros anuais

Convenio de colaboración entre a cooperativa Nosa Enerxía e a Asociación Boa Vida Xoan Rosales

A cooperativa Nosa Enerxía e a Asociación Boa Vida Inclusión Activa asinaron este mércores un convenio de colaboración entre estas dúas entidades sen ánimo de lucro.

Este apoio tradúcese en que por cada persoa vinculada coa asociación Boa Vida que se faga socia de Nosa Enerxía, a cooperativa destinará unha porcentaxe do beneficio da factura anual do consumo da luz para un proxecto de inclusión activa, como mínimo 10 euros anuais.

Ambas as entidades animaron ás grandes empresas e administracións públicas a que se somen a esta iniciativa ecolóxica e solidaria.

Igualmente Boa Vida anima a camiñar cara a un novo modelo enerxético sustentable baseado no uso de renovables, respectuoso co medio ambiente "e que contribúa a afianzar a democracia e a soberanía enerxética da cidadanía".