A artista Tere Fernández xunto ao alcalde Manuel Campos, a tenente de alcalde Conchy Campos e o concelleiro Toño González presentaron este sábado o cartel oficial da Festa do Lacón con Grelos.
A cita gastronómica celebrarase o domingo 3 de marzo e contará con moitas novidades.
A artista inspirouse na famosa estatua da liberdade de Nova York a cal se converte esta vez nun "canto a liberdade de papatoria" como comentou a artista.
Contaba Tere que este ano a festa retrasouse no tempo e polo tanto, quixo facer esa referencia "un día de liberdade no medio da coresma para desfrutar deste prato típico galego".
O cartel tamén inclúe varios símbolos da vila termal como son a Igrexa de Santa María dos Baños de Cuntis, o Hotel "La Virgen" de Termas de Cuntis ou o Castro de Castrolandín. Tampouco faltan a camelia e a vespa, a primeira moi sinxela de atopar e a motocicleta só para os máis observadores.
Sen dúbida, un cartel innovador e cheo de referencias as tradicións e emblemas da vila termal que dá o pistoletazo de saída a un mes cheo de actividades e festa.