A área sanitaria suma 17 novos positivos nun día mentres segue freando a curva con 419 casos activos

Pontevedra
15 de outubro 2020
Actualizado: 14:57

Nos hospitais, hai 14 pacientes en planta de hospitalización e tres na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo. Desde o inicio do plan de continxencia da covid-19 curáronse 2.040 pacientes, 67 na última xornada. Confírmase a tendencia á redución de probas  PCR' s, 344 nas últimas 24 horas

Evolución da covid-19 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés a data 15 de outubro Sergas

Os positivos por covid-19 non se deteñen na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, que, de todos os xeitos, segue freando a curva da incidencia da enfermidade grazas aos novos pacientes curados a diario. Este xoves hai 50 casos activos menos que o mércores a pesar de que se rexistraron 17 novos contagios. 

Segundo o balance oficial do Servizo Galego de Saúde, este xoves hai 419 casos activos, dos que 402 están en seguimento domiciliario e 17 hospitalizados.

Nos hospitais, a situación segue exactamente igual que o mércores. Así, hai 14 pacientes ingresados en planta de hospitalización e tres na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo

En relación cos pacientes ingresados en planta, tampouco ha cambios con respecto ao último balance. Así, hai 12 no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, ningún no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez e 2 no Hospital do Salnés.

Desde o inicio do plan de continxencia da covid-19 curáronse 2.040 pacientes, dos que 67 foron na última xornada, e faleceron por este virus na área sanitaria 25 pacientes, o último na tarde do martes..

Nas últimas 24 horas confirmouse a tendencia á redución de probas PCR' s con respecto ás cifras das últimas semanas. Así, realizáronse 344, cifra similar á do martes (374), pero moi inferior a días pasados. Súmanse ás 52.377 xa efectuadas desde o inicio da pandemia do coronavirus. 

PONTEVEDRA, POIO E VILAGARCÍA, EN NIVEL 2

Por municipios, na última xornada rexistráronse cambios nos niveis de contagios dos municipos da comarca. Así, segue xerando preocupación o nivel de contagios rexistrados en tres localidades da área sanitaria, que se atopan en nivel de alerta 2 polo número de positivos detectados por PCR nos sete últimos días, as mesmas que o mércores. Trátase de Pontevedra, con entre 48 e 96 casos; e Poio e Vilagarcía, con entre 14 e 21.

Ademais, están en nivel de alerta 1 Marín, Sanxenxo, Caldas de Reis e Vilanova de Arousa.

DATOS LOCAIS

  • Pontevedra ten este xoves 119 casos positivos, 27 menos que o mércores.
  • Poio ten 25 casos activos este xoves, dous máis que o mércores.
  • Marin ten 38 casos activos, un máis que o mércores.
  • Vilanova de Arousa baixa de 20 a 18 casos.

 

RESIDENCIAS DE MAIORES

A Xunta informa de que se manteñen dous casos positivos de  covid-19 en traballadores en residencias da terceira idade, un na Residencia Campolongo e outro na Residencia  DomusVi de Ribadumia.

DATOS GALICIA

A nivel autonómico, a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 4.569, 32 casos menos que o martes. Nas últimas 24 horas confirmáronse 233 positivos novos por probas PCR.

Do total de caso activos, 770 son da área da Coruña (5 máis), 467 da de Lugo (8 menos), 1.592 da de Ourense (13 menos(, 419 da de Pontevedra (50 menos), 534 da área de Vigo (22 máis), 639 da de Santiago (11 máis), e 148 da de Ferrol (1 máis). Desta maneira, Pontevedra é a sexta área en número de casos activos. 

Do total de pacientes positivos, 42 están en UCI, 223 en unidades de hospitalización e 4.304 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 22.550 persoas curadas, rexistrándose 803 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 566.061.