A área sanitaria remata a ponte de San Xosé con máis casos activos e hospitalizados

Pontevedra
22 de marzo 2021

A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés sobe este luns 22 de marzo a 208 os casos activos por coronavirus, son 8 máis que onte domingo, segundo o dato actualizado da Consellería de  Sanidade. Ao comezo desta ponte festiva de San Xosé eran 204 os casos activos e 17 hospitalizados. Este luns o Sergas informa que xa son 18 os hospitalizados

Persoal sanitario Mónica Patxot

A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés sobe este luns 22 de marzo a 208 os casos activos por coronavirus, son 8 máis que onte domingo, segundo o dato actualizado da Consellería de Sanidade. Ao comezo desta ponte festiva de San Xosé eran 204 os casos activos e 17 hospitalizados.

Este luns o Sergas informa que xa son 18 os hospitalizados. Mantéñense 13 pacientes de Covid-19 ingresados en planta de hospitalización. Seguen sendo 12 os ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e 1 no Hospital do Salnés.

Aumenta nun novo paciente ata chegar a cinco o número de enfermos críticos da Unidade de Coidados Intensivos (UCI) do Hospital Montecelo.

Así mesmo, permanecen 190 casos de covid evolucionando en domicilio.

Desde o inicio do plan de continxencia pola pandemia curáronse 12.282 pacientes (4 máis que no día de onte) e faleceron por este virus na área sanitaria 161 pacientes.

En canto a realización de probas PCR, nas últimas 24 horas fixéronse 333, que se engaden ás 178.571 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.

GALICIA

Seguen baixando os casos activos en Galicia e os  contagios mantéñense en números similares aos últimos días. Este luns son 9 casos novos menos que o luns pasado, aínda que o número de probas PCR realizadas foi moito menor debido á ponte do 19 de marzo. As únicas áreas sanitarias que empeoran hoxe son as de Pontevedra e Vigo, mentres que a situación hospitalaria mellora.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 2.481, deles 959 son da área da Coruña, 193 da de Lugo, 153 da de Ourense, 208 da de Pontevedra, 500 da área de Vigo, 271 da de Santiago e 197 da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 49 están en UCI, 215 en unidades de hospitalización e 2.217 no domicilio. Polo de agora, en Galicia hai un total de 111.061 persoas curadas, rexistrándose 2.320 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 1.802.302.