Este domingo 5 de decembro a área sanitaria de Pontevedra e O Salnés pecha unha semana negra no que á covid-19 se refire. Desde o pasado domingo 28 de novembro rexistráronse catro mortes de persoas que foran diagnosticadas da enfermidade.
O balance oficial do Sergas recolle este domingo a morte en Galicia de tres persoas que foran diagnosticadas por coronavirus, unha delas producida o sábado 4 decembro no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) e dúas este domingo no CHUO e no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra.
No CHOP faleceu unha muller de 93 anos que estaba ingresada no Hospital Montecelo e as dúas vítimas de Ourense foron o sábado un home de 73 anos e este domingo un home de 88.
As tres vítimas tiñan patoloxías previas ao diagnóstico da enfermidade.
No caso de Pontevedra, esta morte eleva a 209 o total de falecidos pola pandemia.
O pasado domingo 28 de novembro o Sergas reportou a morte dun home de 92 anos tamén ingresado no Hospital Montecelo, o rmércores 1 de decembro o falecemento dunha muller de 81 e o xoves o falecido foi un home de 75. Os tres estaban ingresados no mesmo centro.