A área sanitaria contará cun programa para previr disfuncións do solo pelviano nas mariscadoras

Poio
02 de agosto 2023

O goberno galego presentou este mércores nun acto na confraría de Raxó o programa específico de intervención comunitaria que se porá en marcha na Área Sanitaria de Pontevedra e Salnés para a prevención de disfuncións do solo pelviano no colectivo das mariscadoras

Mariscadoras Xunta de Galicia

O goberno galego presentou este mércores nun acto na confraría de Raxó o programa específico de intervención comunitaria que se porá en marcha na área sanitaria de Pontevedra e Salnés para a prevención de disfuncións do solo pelviano no colectivo das mariscadoras.

Esta actuación xurde dun acordo a tres bandas entre as consellerías de Sanidade, Promoción do Emprego e Igualdade e Mar que permitirá que máis de 1.400 mariscadoras desta área sanitaria se poidan beneficiar dun programa que ten como obxectivo mellorar a súa calidade de vida.

Na presentación participaron os titulares das tres consellerías, Alfonso Villares (Mar), Elena Rivo (Emprego) e Julio García Comesaña (Sanidade) xunto co xerente da área sanitaria, José Flores, e a matrona do centro de saúde de Baltar (Sanxenxo), Dolores Rodríguez, que explicou o programa.

As accións desenvolveranse a través dun rol proactivo da intervención comunitaria dos equipos de atención primaria, en coordinación coa unidade multidisciplinar de solo pelviano da área sanitaria.