A área sanitaria confirma 78 novos positivos por covid-19 nun día e xa supera os 500 casos

Pontevedra
30 de novembro 2021

Ademais de crecer os casos activos, tamén o fai a presión asistencial. Deses 527 novos casos, 509 son pacientes asintomáticos ou con síntomas leves que se atopan nas súas vivendas en illamento e outros 18 están nos hospitais, tres máis que no último balance. Dous están na unidade de Coidados Críticos e 16 en planta  

Aplicación Radar Covid Mónica Patxot

A curva da pandemia da covid-19 non para de medrar na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés nesta sexta onda. Este martes volveron a confirmarse 78 novos casos activos da enfermidade. 

Segundo o último balance oficial, con datos das seis da tarde do luns, hai 527 casos activos na área sanitaria, 71 máis que o día anterior, e, ademais, recibiron o alta sete pacientes. 

Ademais de crecer os casos activos, tamén o fai a presión asistencial. Deses 527 novos casos, 509 son pacientes  asintomáticos ou con síntomas leves que se atopan nas súas vivendas en illamento e outros 18 están nos hospitais

Estes 18 pacientes hospitalizados son tres máis que no último balance. En concreto, hai dous na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo, os mesmos que o luns, pero hai 16 en planta de hospitalización, tres máis. Son 14 no  Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e 2 no Hospital  do Salnés.

Desde o inicio da pandemia curáronse 21.422 pacientes e faleceron por este virus na área sanitaria 206 pacientes.

Na última xornada destaca o incremento das probas PCR' s realizadas, un total de 1.274 en 24 horas. Elevan a 317.933 as xa efectuadas desde o inicio da pandemia.