A área sanitaria confirma 25 novos contaxios nun día e ten un paciente máis en UCI

Pontevedra
30 de abril 2021
Actualizado: 12:41

En total, hai un paciente hospitalizado menos que o día anterior, aínda que hai que ter en conta que este xoves confirmouse a morte de dúas persoas, dúas mulleres de 88 e 89 anos que estaban ingresadas no Hospital Montecelo. A área sanitaria ten este venres  474 casos activos, 25 menos que un día antes 

Persoas con máscara no centro de Pontevedra Mónica Patxot

A área sanitaria de Pontevedra e O Salnés ten este venres un total de 474 casos activos de covid-19. Son 25 menos que un día antes a pesar de que durante a última xornada confirmáronse 25 novos positivos a través de probas PCR ou de antígenos. Hai a metade de casos activos novos que novos contagios porque na mesma xornada tamén recibiron o alta 50 pacientes que xa están curados. 

O último balance oficial do Servizo Galego de Saúde contabiliza que deses 474 pacientes coa enfermidade, 451 son asintomáticos ou persoas con síntomas leves que están en corentena no seu domicilio e 23 atópanse hospitalizados. 

En total, hai un paciente hospitalizado menos que o día anterior, aínda que hai que ter en conta que este xoves confirmouse a morte de dúas persoas, dúas mulleres de 88 e 89 anos que estaban ingresadas no Hospital Montecelo. Ambas presentaban patoloxías previas.

Dos pacientes hospitalizados, catro están na unidade de Coidados Críticos do Hospital Montecelo, un máis que o día anterior. 

Os outros 19 pacientes están ingresados en planta de hospitalización, fronte aos 21 do xoves. Deles, 13 están no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra e 6 no Hospital do Salnés.

Desde o inicio do plan de continxencia da covid-19 curáronse 12.945 pacientes (50 na última xornada) e faleceron por este virus na área sanitaria 173 pacientes. 

En canto a realización de PCR’ s, nas últimas 24 horas fixéronse 1.282, que elevan a 211.091 o total das xa efectuadas desde o inicio da pandemia.

EVOLUCIÓN EN GALICIA 

A nivel autonómico, segundo o último balance da Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 3.113, 9 menos que o xoves. Na última xornada confirmáronse 211 novos positivos.

Do total de casos activos, 744 son da área da Coruña, un máis que o xoves; 236 da de Lugo (17 máis); 271 da de Ourense (7 máis); 474 da de Pontevedra (25 menos); 933 da área de Vigo (1 menos); 358 da de Santiago (sen cambios); e 97 da de Ferrol (8 menos).

En canto á situación dos hospitais, hai 214 pacientes ingresados, dos que 49 están en UCI e165 en planta de hospitalización. Hai 2.899 en domicilio.

Polo de agora, en Galicia hai un total de 116.671 persoas curadas e 2.388 falecementos. 

O número de PCR realizadas é de 2.048.319 e o número de doses de vacina contra a covid-19 administradas é de 1.094.821