O número de falecementos de pacientes con positivo activo por covid na área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés elevouse a 302 desde o inicio da pandemia, 73 no que vai de ano.
Así se desprende dos datos oficiais ofrecidos este martes 5 de xullo polo Servizo Galego de Saúde (Sergas), no que se suman unha nova morte na área pontevedresa. Trátase dunha muller de 99 anos, falecida o pasado domingo e con patoloxías previas.
Tamén se incrementa o número de falecidos ata as 99 as persoas, dúas delas na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) de Montecelo.
Hai 83 persoas hospitalizadas no Hospital Montecelo, 1 no QuirónSalud Miguel Domínguez e 13 no Hospital do Salnés.
Este martes o rexistro oficial do Sergas contabiliza 1.525 casos activos aínda que se estima que son moitas máis as persoas que se contaxiaron pero que non notificaron a enfermidade. Desde o inicio do plan de continxencia do Covid-19 curáronse 72.508 pacientes (184 nas últimas 24 horas).