A APDR inicia unha captación de fondos para financiar a campaña 'ENCE fóra da Ría para sempre'

Pontevedra
24 de novembro 2015

A campaña implica a numerosas institucións e colectivos sociais da comarca, pero cada entidade ten que facer fronte ao pagamento da súa parte correspondente. Para a APDR é "absolutamente necesario" que o gasto da campaña "non hipoteque os gastos do funcionamento ordinario" deste período 2015-2016

Marcha da APDR contra ENCE 2015 Daniel Santomé

A Asociación pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) decidiu poñer en marcha unha campaña de recollida de fondos económicos para afrontar os gastos correspondentes á campaña conxunta que está levando a cabo baixo o lema 'Ence fóra da Ría para sempre'.

Segundo informou o seu presidente, Antón Masa, a través dun comunicado, a campaña implica a numerosas institucións e colectivos sociais da comarca, pero cada entidade ten que facer fronte ao pagamento da súa parte correspondente. Para a APDR é "absolutamente necesario" que o gasto da campaña "non hipoteque os gastos do funcionamento ordinario" deste período 2015-2016. 

A xunta directiva da asociación sostén que só se poderá asumir este gasto cun esforzo económico extra das persoas que forman parte da asociación e todos os que, sen ser socios, simpatizan coas súas posicións a prol da recuperación da Ría de Pontevedra unha vez que a factoría de Ence abandone a súa ubicación actual en Lourizán.

Pìden a todas as persoas interesadas en axudar que fagan un ingreso na conta corrente que a asociación ten aberta en AbancaPara maior información, poden poñerse en contacto coa APDR ao través do correo electrónico apdr@apdr.info ou mediante contacto telefónico no número 666621438.

A campaña basease na información á cidadanía e inclúe o reparto masivo do chamado 'Libro branco de Ence'.