A Agrupación Veciñal de Ponte Caldelas e o PSOE, xa se entenden

Ponte Caldelas
30 de maio 2015

Dende AVP valoran estas dúas horas e media de encontro como "unha primeira reunión de toma de contacto" coa intención principal de formar goberno. E destacan que "despois de poñer enriba da mesa as propostas de ambas as dúas formacións políticas, as primeiras impresións son moi boas posto que son moitos os aspectos que compartimos e temos en común"

Candidatura do PSdeG-PSOE ás eleccións municipais en Ponte Caldelas PSdeG-PSOE de Ponte Caldelas

A Agrupación Veciñal de Ponte Caldelas (AVP) informou que a chamada do PSOE local para negociar un pacto de goberno xa foi respondida.

Polo de agora, os socialistas son a única forza política que se puxo en contacto con esta agrupación.

A reunión celebrouse o venres 29 de maio na sede do PSOE. Iniciouse as 10:00 e finalizou ás 12:30.

Dende AVP valoran estas dúas horas e media de encontro como "unha primeira reunión de toma de contacto" coa intención principal de formar goberno. E destacan que "despois de poñer enriba da mesa as propostas de ambas as dúas formacións políticas, as primeiras impresións son moi boas posto que son moitos os aspectos que compartimos e temos en común".

A Agrupación Veciñal de Ponte Caldelas informará as devanditas propostas á asemblea que se celebrará este sábado 30 de maio. Nesta debateranse e tomarán os acordos oportunos.

Os responsables desta formación independente sinalaron que "sen dúbida ningunha, estamos pendentes de futuras reunións para trasladar as decisións da asemblea e para seguir avanzando nas negociacións".

Pola súa banda, os membros do PSOE de Ponte Caldelas non ocultan a súa intención de desaloxar ao popular Perfecto Rodríguez da alcaldía, polo que traballarán con ese fin.

Arquivado en