A Asociación Española Contra o Cancro (AECC) en Pontevedra organizará a partir do próximo mes de outubro un novo taller 'Vivindo o meu duelo', dirixido a persoas que perderon un familiar (oncolóxico ou non).
A maioría das persoas son capaces por si mesmas de afrontar estas reaccións, pero en ocasións necesítase intervención especializada para poder chegar a completar este proceso e aí entra este curso, que se desenvolverá todos os luns entre o 2 de outubro ao 4 de decembro.
Alejandra Santos, psicóloga especializada en duelo da AECC, impartirá este taller cada luns de 16:30 a 17:45 horas, na sede da Asociación.
Segundo explica a psicóloga, este é un dos talleres con mellor acollida entre quen participa nel. "A satisfacción e agradecemento que nos transmiten as persoas unha vez finalizada a intervención é o noso maior impulso para retomar, novamente, este grupo", engade.
O obxectivo deste taller é mellorar a evolución e evitar as complicacións que poidan derivar nun duelo patolóxico.
Trátase dunha terapia grupal porque desde a AECC destacan que compartir este momento con outras persoas na mesma situación pode axudar a que estas emocións evolucionen favorablemente.
Durante as 10 sesións abordaranse diferentes temáticas desde o autocoidado de cada participante, pasando pola tristeza, o enfado, a culpa, a comunicación coa familia, o legado que deixou esa persoa ata o agradecemento. Este traballo reforzarase con lecturas, tarefas e vídeos para motivar aos participantes.
O taller é gratuíto. Para inscribirse é necesario chamar ao teléfono gratuíto 900 100 036 (24 horas) ou escribir ao correo electrónico pontevedra@contraelcancer.es.