A AECC pon o foco no cancro de mama metastásico, cunha supervivencia do 25 %, para pedir máis investigación

Pontevedra
19 de outubro 2022

A campaña “O rosa é máis que unha cor” reivindica que o movemento rosa vai máis aló dun lazo ou un día marcado no ano e lembran as grandes desigualdades, no plano laboral, económico, social e emocional; que deben afrontar as mulleres diagnosticadas con cancro de mama

A Asociación Española Contra o Cáncro sae á rúa polo Día Internacional do Cáncro de Mama Mónica Patxot

Con motivo do Día Mundial Contra o Cancro de Mama que, cada ano ten lugar o 19 de outubro, a Asociación Española Contra o Cancro lanza a campaña “O rosa é máis que unha cor”.

Por iso, a AECC en Pontevedra e as súas sedes locais tomaron as rúas para reivindicar que o rosa non só é un lazo, nin un día no calendario. Na Rúa Frei Xoán Navarrete instalaron unha mesa informativa coa que concienciar á poboación de que grazas ao rosa conseguíronse grandes avances en prevención, diagnóstico e tratamentos, pero aínda queda un longo camiño que percorrer.

Os Centros de Saúde da Parda, Virxe Peregrina e o Hospital do Salnés tamén acolleron mesas informativas con voluntariado e profesionais da Asociación. Ademais, e como xa é habitual, as fachadas da Casa do concello e o Hospital Provincial tinguíronse de rosa para conmemorar este día e reivindicar que detrás desa cor existe toda unha sociedade disposta a apoiar, axudar e camiñar xunto aos pacientes con cancro, cun mesmo destino: aumentar a supervivencia.

As sedes locais da Asociación en Baixo Miño, Redondela, Sanxenxo, Bueu, Marín, Mos, O Grove, Cangas, Caldas e nas delegacións de Mondariz, Lalín, Vilagarcía, Poio e Porriño tamén se sumaron ao movemento rosa con mesas informativas e diversas actuacións para reivindicar que detrás desa cor existe toda unha sociedade disposta a apoiar, axudar e camiñar xunto aos pacientes con cancro, cun mesmo destino: aumentar a supervivencia.

Estas mobilizacións conseguiron grandes logros en torno ao cancro de mama como avances na detección precoz e a investigación, o que supuxo que a supervivencia media a 5 anos desta enfermidade estea actualmente en torno ao 85 %.

Con todo, é necesario profundar nas desigualdades sociais e emocionais que existen entre as persoas con cancro de mama e como a enfermidade as agrava.  É por iso que, desde a Asociación, mostrouse a necesidade de reconectar coa orixe do movemento rosa, para concienciar á sociedade de que no cancro de mama non está todo feito e que aínda queda moito camiño por percorrer.

O cancro de mama é o terceiro en incidencia na provincia de Pontevedra. Cada ano seguen morrendo, en España, 6.000 persoas por mor do cancro de mama e a taxa de supervivencia a 5 anos do cancro de mama metastásico é de en torno ao 25 %, moi lonxe do 85% de todos os cancros de mama. Ademais, entre un 5 % e un 6 % dos cancros de mama diagnostícase en estadio metastásico.

En canto ao impacto social, o 34 % das mulleres con cancro de mama perdeu o seu traballo e o 70 % perdeu salarios e ingresos. O cancro de mama tamén provoca nas mulleres un gran impacto psicolóxico asociado á identidade feminina, a imaxe corporal e autoestima, sexualidade e maternidade. 

A Asociación Española Contra o Cancro responde ante estas desigualdades destinando máis de 17 millóns de euros a investigar o cancro de mama, incidindo no cancro de mama metastásico. Ademais, axuda a pacientes prestando servizos gratuítos de atención psicolóxica e atención social, para cubrir as necesidades que provoca este tipo de tumor. En 2021, atendéronse preto de 16.000 mulleres en toda España e 1.774 na provincia de Pontevedra.