A AECC inaugura en Marín unha exposición sobre os avances científicos na loita contra o cancro

Pontevedra
22 de outubro 2022

A mostra “50 anos cambiando a historia do cancro” mostra un total de 12 fitos nacionais importantes. Poderá contemplarse na Alameda marinense ata o 31 de outubro

A AECC inaugura en Marín unha exposición sobre os avances científicos na loita contra o cáncro Concello de Marín

Con motivo do 50 aniversario da Asociación Española Contra o Cancro investigando a enfermidade, a sede local en Marín da Asociación inaugurou este venres unha exposición fotográfica que recolle exemplos significativos dos avances científicos que nos últimos anos contribuíron a mellorar a vida das persoas grazas á aposta do colectivo pola investigación.

A exposición “50 anos cambiando a historia do cancro” mostra un total de 12 fitos nacionais importantes, entre os que se atopan os resultados do grupo do doutor Antoni Castells na investigación en cancro de colon demostrando a eficacia do test de sangue oculto en feces para a detección precoz deste tumor. Ou as da doutora Marisol Soengas e os seus notables achados que permitiron conseguir grandes avances na loita contra o melanoma.

Ademais tamén se mostran dous fitos pertencentes á provincia de Pontevedra como a técnica da biopsia líquida do doutor Fernandes, unha análise de sangue que permite axudar a atopar rastros dun tumor no organismo. Tamén a doutora Mónica Martínez estudou certas alteracións no ADN das células tumorales e a súa implicación no desenvolvimiento do cancro, especialmente no de pulmón, colorrectal e de cabeza e pescozo. Unl proxecto que continúa grazas a unha nova axuda da Asociación.

A mostra poderá gozarse ata o 31 de outubro, nas inmediacións da Alameda de Marín e no acto inaugural participaron a presidenta da Asociación Española Contra o Cancro en Marín, Emilia Rey; e a alcaldesa do Concello de Marín, María Ramallo.

No primeiro semestre de 2022 a AECC realizou un total de 368 intervencións no Concello de Marín, das cales: 6 correspóndense ao Servizo de Logopedia, 318 de Atención Psicolóxica a pacientes oncolóxicos e familiares, 32 de Traballo Social (orientación e información, préstamo de material ortoprotésico, inserción laboral, repartición de alimentos, axudas económicas), 7 actuacións do voluntariado e 5 acompañamentos en Hospital.

A Asociación Española Contra o Cancro presta estes servizos de maneira gratuíta grazas, entre outros, ás achegas dos seus socios, contribuíndo tamén a que a Asociación sexa a entidade privada que máis fondos destina á investigación en cancro.