Ao longo de 2016, Marín ofreceu traballo durante cinco meses a 13 traballadores dentro do Plan Emprego financiado polo Concello de Marín con preto de 99.000 euros. A esta cifra hai que sumar a contratación doutros sete peóns e dous conserxes perceptores do Risga, ademais de 15 socorristas, a través da Xunta de Galicia cunha partida de máis 134.000 euros. A Deputación con 145.665 euros financiou a contratación de 21 peóns e tres conserxes na vila que goberna María Ramallo. Medidas que intentan paliar os datos de incremento de paro, que se rexistra na provincia durante o último mes.
Durante 2016, 400 persoas achegáronse ata o Servizo de Orientación Laboral. 169 eran homes e 231 mulleres. A maioría eran mozas con idades comprendidas entre os 16 e os 30 anos. Neste rexistro non se conta os meses de agosto e setembro.
Por outra banda atópase activo o Axente de emprego e desarollo local. Segundo o goberno local, entre as tarefas que de maneira habitual execútanse desde este servizo destaca o mantemento actualizado a favor dos emprendedores de toda a información que precisen sobre axudas e subvencións; medidas de fomento do emprego, exencións de tributos, organismos involucrados na activación económica a disposición do emprendemento, recursos ociosos ou infrautilizados; participación activa na conversión de ideas empresariais achegadas por emprendedores en proxectos emrpesariais viables; colaboración con outros axentes da zona de influencia do municipio para identificar nichos de mercado, iniciativas empresariais ou potenciais emprendedores, promoción de actividades e eventos que difundan a cultura emprendedora; deseño, xestión, implantación e seguemento de programas relacionados coa inserción laboral e co desenvolvemento do territorio, como son todos os programas de políticas activas de emprego que se desenvolven no Concello de Marín.
Ao mesmo tempo, na actualidade, entre outras iniciativas, desenvólvese a terceira edición do programa EmpregaMarín, que durará ata o mes de agosto de 2017 co obxectivo de lograr un 40% de insercións laborais.