392 persoas abandonan as listas do paro en xullo na cidade de Pontevedra

Pontevedra
02 de agosto 2016
Actualizado: 20:01

Segundo o avance do paro rexistrado, o número de demandantes de emprego na provincia situouse ao remate do mes de xullo en 77.596 persoas, 4.708 menos que un mes antes e 8.297 menos que un ano antes. É a provincia galega con maior descenso, fronte aos 4.392 menos da Coruña, 1.518 de Lugo e 1.245 de Ourense

Un home traballa montando un escenario Mónica Patxot

O número de parados rexistrados nas oficinas do servizo público de emprego da cidade de Pontevedra volveu baixar no mes de xullo. O tirón estacional reduciu o número de desempregados en 392 persoas con respecto ao mes anterior, un comportamento que coincide cos datos rexistrados a nivel estatal e autonómico. Así, o total ascende actualmente a 6.334 persoas sen emprego, un 5,83% menos que en xuño.

O descenso nos datos do paro é xeralizado en todos os concellos da provincia. En todo caso, aqueles cun maior interese turístico é onde se producen os maiores descensos. Sanxenxo, Bueu, Poio, Marín ou O Grove son algúns dos municipios no que a evolución do emprego foi máis positiva neste último mes.

     Xullo 2016        Xuño 2016        Variación   
Pontevedra6.3346.726-392
Barro317345-28
Bueu753900-147
Caldas de Reis840905-65
Cambados1.0351.205-170
Campo Lameiro164174-10
Cotobade326370-44
Cuntis405436-31
O Grove705791-86
A Illa de Arousa290398-108
A Lama192205-13
Marín1.8492.015-166
Meaño316400-84
Meis374418-44
Moraña414434-20
Poio1.0921.235-143
Ponte Caldelas563589-26
Portas243262-19
Ribadumia337389-52
Sanxenxo8641.091-227
Vilaboa448497-49
Vilagarcía de Arousa3.6883.850-162
Vilanova de Arousa837916-79

 

DATOS PROVINCIAIS

Ademais, na provincia reduciuse o número de desempregados en 4.708 con respecto o mes anteriorSegundo o avance do paro rexistrado en xullo do Servizo Público de Emprego Estatal (SEPE), o número de demandantes de emprego na provincia situouse ao remate do mes de xullo en 77.596 persoas, 4.708 menos que un mes antes e 8.297 menos que un ano antes

Así, segundo os datos achegados, o descenso do paro en xullo con respecto a xuño foi do 5,72 por cento, mentres que se se toma como referencia a variación interanual esa baixada do número de demandantes de emprego na provincial é moito maior e sitúase nun 9,66 por cento con respecto a xullo de 2015.

Os 4.708 parados menos de Pontevedra supoñen o 39,7 por cento do total das persoas que deixaron de ser demandantes de emprego en toda a comunidade galega e a provincia sitúase como a de maior descenso, fronte aos 4.392 menos da Coruña, 1.518 de Lugo e 1.245 de Ourense.

Arquivado en