353 solicitudes admitidas para a montaxe de xantares, ceas, hostalería e artesanía na Feira Franca

Pontevedra
23 de agosto 2024

A organización admitíu 167 mesas para comidas e ceas, 78 postos de mercado e 108 de hostalería. Por outra banda, tamén finalizaron os traballos de restauración dos elementos decorativos para a viséximo terceira edición da recreación da feira medieval que se vai desenvolver durante os días 6 e 7 de setembro

Elemento decorativo restaurado pola Asociación Paspallás para a Feira Franca Concello de Pontevedra

A organización admitíu 167 mesas para comidas e ceas, 78 postos de mercado artesanal e 108 de hostalería durante a celebración deste 2024 da XXIII Feira Franca, que se celebrará os próximos 6 e 7 de setembro.

En total, foron admitidas 353 solicitudes presentadas tanto por establecementos como por particulares. 

En 2023 concederon autorizacións a 183 ceas e comidas, 120 postos de artesanía e 129 de hostalería.

O Concello de Pontevedra lembra que desde o 22 de xullo é posible consultar alistaxe de solicitudes admitidas.

Abriuse un prazo de 7 días naturais para a presentación de reclamacións a contar desde o día que foi publicada.

Así mesmo, a organización recomenda a todos os participantes que revisen as normas dispoñibles na páxina oficial do evento, para garantir unha experiencia organizada e respectuosa coa temática medieval.

RESTAURACIÓN DE ELEMENTOS DECORATIVOS

Tamén nos últimos días, a Asociación Paspallás concluíu os traballos de restauración e mantemento dos elementos decorativos que darán vida á cita medieval.

O Recinto Feiral de Pontevedra, que se converteu nun obradoiro temporal, acolleu estas labores imprescindibles para asegurar que portas, castelos, murallas, dragóns e outros obxectos e construcións estean en perfectas condicións para ambientar a Boa Vila.

Coa restauración completada, a vindeira semana comezarán os traballos de colocación das estruturas polas rúas e prazas da cidade, recreando o século XV durante dúas xornadas marcadas en vermello no calendario local.

Arquivado en