34 persoas permanecen ingresadas con covid-19 nos hospitais da área sanitaria

Pontevedra
05 de agosto 2021

Nas últimas horas hai unha persoa menos ingresada na Unidade de Coidados Críticos do Complexo Hospitalario de Pontevedra-O Salnés onde continúan 6 pacientes. Neste xoves, a Consellería de Sanidade rexistra 2.662 casos activos, 41 menos que o mércores, con 144 novos positivos detectados nas 775 probas realizadas polo SERGAS

Datos covid-19 durante este xoves 5 de agosto na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés Consellería de Sanidade

A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés mantén o mesmo número de pacientes ingresados que durante a xornada do mércores. Este xoves atópanse 34 persoas ingresadas, 28 delas (+1) en planta repartidos da seguinte forma: 24 no Hospital Montecelo, 3 no Hospital  do Salnés e un paciente no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez. Outras seis persoas continúan ingresadas na unidade de Coidados Críticos do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, unha menos que na xornada do 4 de agosto.

A Consellería de Sanidade informa da presenza de 2.662 casos activos na área sanitaria, 41 casos menos que o mércores. 2.628 enfermos con covid-19 recupéranse nos seus domicilios.

Non se produciron falecementos durante as últimas horas nesta zona sanitaria, de maneira que continúan sendo 189 os pacientes falecidos desde que se notifican as mortes con motivo da pandemia.

Durante as últimas 24 horas realizáronse 775 probas  PCR na área, na que se detectaron 144 novos positivos. No municipio de Pontevedra, este xoves mantéñense os 785 rexistrados durante a xornada anterior.

DATOS EN GALICIA

A Consellería de Sanidadenotifica 1.111 novos positivos en Galicia durante as últimas 24 horas. Trátase de 69 contaxios máis que na xornada do mércores e 34 máis que hai unha semana.

O número de casos activos en Galicia ascende a 18.643, 21 máis que na xornada anterior. 302 persoas atópanse hospitalizadas, unha menos que o mércores e, en cambio, prodúcese un incremento de seis pacientes nas Unidades de Coidados Críticos alcanzando a cifra de 52 ingresados en UCI.

Por áreas sanitarias, o número de casos activos é o seguinte: Vigo: 4.623 (-23) A Coruña-Cee: 4.297 (+153) Pontevedra-O Salnés: 2.662 (-41) Santiago-O Barbanza: 2.214 (-2) Lugo: 2.171 (-41) Ourense: 1.596 (-68) e Ferrol: 1.080 (+43).

Durante as últimas horas rexistráronse dous novos falecementos en Galicia, de 78 e 79 anos, unha delas no Hospital de Povisa en Vigo. O total de decesos na comunidade desde o inicio da pandemia ascende a 2.481 persoas.