336 desempregados máis na cidade no mes de xaneiro

Pontevedra
02 de febreiro 2016
Actualizado: 18:59

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) subiu en 3.710 persoas en xaneiro na provincia de Pontevedra en relación ao mes anterior, o que supón un incremento do 4,08%, situando o total en 94.672

Traballador dun taller Miniterio de Empleo

Acábase 2015 e con eles, centos de contratos. Así, o mes de xaneiro rexistrou un notable incremento do desemprego na provincia de Pontevedra e a capital non foi unha excepción. Un total de 336 pontevedreses engrosaron as listas do paro no último mes, segundo desvelou este martes a Consellería de Economía, Emprego e Industria.

En total, 7.652 pontevedreses son demandantes de emprego, ao 30 de xaneiro de 2016. Son un 4,39% máis que o mes anterior.

A subida do paro, ademais de ser significativa na cidade, tamén se produciu en maior ou menor medida no resto dos concellos da área de influencia da capital.

     Xaneiro 2016     Decembro 2015     Variación   
Pontevedra7.6527.316336
Barro40939217
Bueu1.0361.01620
Caldas de Reis1.0981.06038
Cambados1.5231.47647
Campo Lameiro20619016
Cotobade40638620
Cuntis50746542
O Grove1.2211.21110
A Illa de Arousa46036991
A Lama26724720
Marín2.3262.216110
Meaño5525484
Meis54051525
Moraña50548817
Poio1.5111.44467
Ponte Caldelas69165041
Portas3163124
Ribadumia51349122
Sanxenxo1.6271.57057
Vilaboa56855117
Vilagarcía de Arousa4.3754.238137
Vilanova de Arousa1.0451.01431

 

DATOS PROVINCIAIS

O número de parados rexistrados nas oficinas dos servizos públicos de emprego (antigo Inem) subiu en 3.710 persoas en xaneiro na provincia de Pontevedra en relación ao mes anterior, o que supón un incremento do 4,08%, situando o total en 94.672.

En Pontevedra baixaron os contratos a 24.605 persoas.

En Galicia o número de persoas desempregadas subiu en 7.639 persoas no mes de xaneiro, respecto ao mes anterior significa un incremento do 3,34%, case dous puntos por encima da media (+1,4%), ata situar o total en 236.447.

No conxunto estatal, o paro repuntó en 57.247 persoas en xaneiro en comparación con decembro, un 1,4%; pero diminuíu en 374.936 nun ano (-8,28%) e o total de desempregados alcanzou os 4.150.755.

Arquivado en