33 matrimonios celebran a domicilio as súas vodas de ouro en Poio

Poio
12 de novembro 2021

Por segundo ano consecutivo, a concelleira de Benestar Social e Mocidade, a socialista Rosa Fernández, fixo entrega dun obsequio conmemorativo a todos os matrimonios que neste 2021 celebran as súas vodas de ouro, unha fórmula que permite prescindir do habitual acto que se realizaba por estas datas na Casa Rosada

Rosa Fernández obsequia a Dolores e José Antonio polas súas vodas de ouro Concello de Poio

Por segundo ano consecutivo, a concelleira de Benestar Social e Mocidade, a socialista Rosa Fernández, fixo entrega dun obsequio conmemorativo a todos os matrimonios que neste 2021 celebran as súas vodas de ouro, unha fórmula que permite prescindir do habitual acto que se realizaba por estas datas na Casa Rosada.

"Levamos practicamente tres décadas (desde 1993) rendendo homenaxe aos matrimonios máis lonxevos de Poio, pero nesta ocasión decidimos repetir a fórmula de 2020, porque entendemos que aínda non é o momento de retomar a celebración presencial", explica a edil.

Nesta ocasión, localizaron a un total de 33 parellas que xa chegan ao medio século de vida en común, o que supón dúas máis co ano pasado.

Fernández, ademais de felicitar aos e ás integrantes destes matrimonios, tamén agradeceu ás familias, achegados e amizades que colaboraron co Concello á hora de localizar aos matrimonios que casaron en 1971 e, deste xeito, "poder facelos partícipes". Finalmente, a edil confía en que no vindeiro ano se retome o acto habitual.