3.500 máscaras para o persoal e voluntarios de Cruz Vermella en Pontevedra

Pontevedra
18 de abril 2020

A Subdelegación do Goberno en Pontevedra está a levar a cabo a entrega de diferentes lotes de material ás entidades sociais e asistenciais da provincia

Entrega de máscara á asemblea provincial de Cruz Vermella Subdelegación do Goberno

A Subdelegación do Goberno en Pontevedra está a levar a cabo a entrega dunha serie de lotes de máscaras a entidades sociais e asistenciais da provincia.

Nesa repartición destaca o material entregado este sábado á asemblea provincial de Cruz Vermella en Pontevedra, ao que se lle dotou de 3.500 máscaras para o uso dos seus traballadores e dos voluntarios que realizan traballos asistenciais e necesitan realizar desprazamentos para manter o seu labor.

Por outra banda segundo sinalou a subdelegada do Goberno, Maica Larriba, séguense a distribuír estas máscaras entre as diferentes residencias de persoas maiores. En concreto cedéronse un total de 8.000 unidades para os seus traballadores.

Con estas entregas complétase a segunda fase do protocolo de subministración de material individual para o mantemento dos protocolos hixiénicos recomendados en traballadores ante a pandemia de Covid-19.