Este sábado 25 de decembro a área sanitaria de Pontevedra-O Salnés contabiliza 3.245 casos activos de coronavirus, son 240 máis que onte venres. Nas últimas 24 horas confirmáronse 360 novos contaxios.
Os datos actualizados que traslada o Servizo Galego de Saúde (Sergas) manteñen 32 pacientes de Covid ingresados en planta de hospitalización. Son 22 (sete menos) no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra, 3 (dous menos) no Hospital QuirónSalud Miguel Domínguez e 7 (dous máis) no Hospital do Salnés.
Na Unidade de Coidados Intensivos (UCI) de Montecelo Así mesmo hai 11 pacientes críticos (un máis).
Actualmente permanecen 3.202 casos de Covid evolucionando en domicilio.
Desde o inicio do plan de continxencia pola pandemia curáronse 23.016 pacientes. Nas últimas 24 horas un total de 184 persoas superaron a covid-19.
Faleceron por este virus na área sanitaria 223 pacientes, o último foi un home de 81 anos no Hospital Montecelo, que presentaba patoloxías previas.
En canto a realización de probas PCR, nas últimas 24 horas fixéronse 2.210, que se engaden ás 350.468 xa efectuadas desde o inicio da pandemia na área sanitaria de Pontevedra-O Salnés.