28M | Só pode quedar un (ou unha): Pontevedra busca quen a goberne

Pontevedra
28 de maio 2023

Pontevedra elixe este domingo ao seu alcalde (ou alcaldesa) para o próximos catro anos. Que partidos lograrán representación? Haberá cambio de goberno? Ata onde chegará a renovación da corporación municipal? A resposta a todas estas preguntas, ao final desta apaixonante xornada.

Candidatos dos nove partidos que se presentan ás municipais de 2023 en Pontevedra Mónica Patxot

Sete homes e dúas mulleres. Un alcalde en busca do seu sétimo mandato consecutivo e oito candidatos que tentan destronarlle. Para tres deles será o seu segundo asalto á Alcaldía. Os outro cinco estréanse nestas lides. Así se presentan estas municipais en Pontevedra.

Pontevedra volverá elixir este domingo a 25 concelleiros para conformar a nova corporación municipal, que no últimos catro anos estivo conformada por BNG (11), PP (9), PSdeG-PSOE (4) e Cidadáns (1), aínda que este último quedou sen representación tras expulsar ao seu edil.

O rival a bater será Miguel Anxo Fernández Lores (BNG). Alcalde desde 1999, quere seguir no sillón de mando. O seu principal opositor, Rafa Domínguez (PP), chega con mellores perspectivas que hai catro anos e tentará derrocar ao veterano rexedor.

O terceiro en discordia, Iván Puentes (PSdeG-PSOE), ten ante si o reto de mellorar os resultados electorais do seu precedesor. Tamén Ciudadanos cambia de candidato. Presenta a David Díaz, que tenta protagonizar o renacer deste partido na cidade.

Tras a desaparición de Marea, Podemos queda como a única referencia para a esquerda rupturista. Á fronte, a radióloga Luisa Lores, vinculada tradicionalmente a Esquerda Unida. E Vox repite póster electoral, con Manuel Torres, funcionario municipal, como a súa opción para ser alcalde.

Os outros tres contendentes fano á fronte de novos partidos. Aínda que para María Rey (Espazo Común) serán as súas segundas eleccións. Xa encabezou a Ciudadanos en 2015. Xunto a ela estarán o hostaleiro Carlos Fontán (Pontevedra Alternativa) e o avogado Alberto de Salazar, que lidera a candidatura coa que o partido animalista PACMA estréase nunhas municipais.

Quen deles lograrán representación? Haberá cambio de goberno? Ata onde chegará a renovación da corporación municipal? A resposta a todas estas preguntas, ao final desta apaixonante xornada.

Arquivado en