28M | Gonzalo Durán reforza a súa maioría en Vilanova e deberá facer oco na corporación ao seu irmán

O Salnés
28 de maio 2023

O Partido Popular obtén 12 concelleiros, dous máis que os 10 que conseguiu nas eleccións do ano 2019

Resultados das eleccións municipais do 28M en Vilanova de Arousa PontevedraViva

O candidato do Partido Popular e actual alcalde, Gonzalo Durán amplía a súa maioría absoluta no municipio de Vilanova de Arousa.

O PP obtén 12 concelleiros, dous máis que os 10 que conseguiu nas eleccións do ano 2019. 

O PSdeG-PSOE con María José Vales á fronte baixa de 5 concelleiros a 3.

Renova entra na corporación vilanovesa cun edil, o irmán do alcalde José Juan Durán do mesmo xeito que o BNG que mantén a súa concelleira María del Carmen Alfonso Leiro.

Gañemos Vilanova que obtivo representación municipal nas convocatorias de 2015 e 2019 non concorreu a estes comicios.

Arquivado en