28M | Crear un centro para deporte base e alto rendemento no Castrove, proposta do PP de Poio

Poio
26 de maio 2023

O espazo proposto está destinado a toda a familia, onde "poidan practicar distintas modalidades deportivas en contacto coa natureza e nun entorno inmellorable"

Proxecto centro de deporte base e alto rendemento en Castrove Partido Popular Poio

O Partido Popular de Poio propón a creación dun centro para deporte base e alto rendemento no Castrove. Dentro da proposta inclúen rutas, sendas, paseos e un circuíto BTT.

O espazo proposto está destinado a toda a familia, onde "poidan practicar distintas modalidades deportivas en contacto coa natureza e nun entorno inmellorable".

A intención de Ángel Moldes, candidato popular, é crear contornas saudables "nas que toda a familia poida practicar deporte e xerar hábitos de vida saudables, con diferentes zonas segundo a capacidade de cada deportista".

Con esta instalación, asegura, "tamén gañarán autonomía os clubes para poder organizar eventos, campionatos, etc., que contribúan a dinamizar o concello e incluso a desestacionalizar a ocupación hoteleira".

Moldes asegura que se  o domingo recibe o apoio dos veciños ao seu proxecto, iniciará un proceso de participación con clubes e deportistas para crear un espazo que dea resposta ás súas propias demandas, xa que eles son os que máis saben e son os que máis teñen que aportar.