26M: Tino Fernández celebra as "boas sensacións" da campaña e pide unha participación "masiva"

Pontevedra
26 de maio 2019

O albergue de peregrinos foi, igual que hai catro anos, o lugar onde votou o candidato do PSOE á Alcaldía de Pontevedra. Fíxoo ás dez e media da mañá e tras iso Tino Fernández pediu unha participación "masiva" nestas eleccións municipais e europeas

Tino Fernández votando nas eleccións municipais do 26M Diego Torrado

O albergue de peregrinos foi, igual que hai catro anos, o lugar onde votou o candidato do PSOE á Alcaldía de Pontevedra. Fíxoo ás dez e media da mañá e tras iso Tino Fernández pediu unha participación "masiva" nestas eleccións municipais e europeas.

Xunto a Fernández estiveron as tres persoas que lle acompañan á fronte da candidatura socialista, Yoya Blanco, Iván Pontes e Paloma Castro.

O voto, segundo sinalou o candidato do PSOE, é unha "arma de construción masiva" e supón a forma que teñen os cidadáns de "cambiar o mundo" e de "traballar polo futuro", de aí a importancia de que "veñan e voten".

"A súa decisión sempre será un acerto", subliñou Tino Fernández, que tras unha campaña que foi "intensa e moi longa" asegura que as sensacións no partido socialista "son boas" e os ánimos "están altos".

Con respecto ao resto da xornada electoral, Fernández adiantou que percorrerá as 106 mesas electorais do municipio para saudar aos seus integrantes.

Engadiu que se trata dunha maneira "fantástica" de que a xornada "vaia pasando sen que te deas conta", antes de que comece un reconto que, nesta ocasión, irá para longo ao ter que contar primeiro as papeletas dos comicios europeos.

Arquivado en