26M: Podemos, Compromiso por Galicia e VOX tamén se estrean nas urnas

Pontevedra
26 de maio 2019

Xunto cos cinco partidos con representación na corporación municipal, nestas eleccións municipais do 26 de maio participan outros partidos que ansían lograr, polo menos, a súa propia acta de concelleiro. Son a coalición Podemos- EU-Son en Común e o partidos Compromiso por Galicia, VOX e Ciudadanos por Galicia

José Ramón Otero votando nas eleccións municipais do 26M Podemos Pontevedra

Xunto cos cinco partidos con representación na corporación municipal, nestas eleccións municipais do 26 de maio participan outros partidos que ansían lograr, polo menos, a súa propia acta de concelleiro. Son a coalición Podemos- EU-Son en Común e o partidos Compromiso por Galicia, VOX e Ciudadanos por Galicia.

O candidato de Podemos, José Ramón Otero, foi o máis madrugador de todos eles á hora de votar. Fíxoo ás nove e cuarto da mañá no colexio electoral situado no centro asociado da UNED, en Monte Porreiro.

Otero, que se presenta por primeira vez ás municipais, estivo acompañado pola candidata ás eleccións europeas por Unidas Podemos, Vanessa Angustia.

Pola súa banda, o candidato de Compromiso por Galicia, Andrés Núñez Rajoy, exerceu o seu dereito ao voto ás once da mañá. No seu caso, votou no colexio electoral do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.

VOX, que tamén debuta na loita pola Alcaldía, confiou en Manuel Torres, funcionario municipal que votou no colexio de Campolongo pouco despois das doce do mediodía.

Por agora non transcendeu o lugar no que votou o noveno en discordia, Roberto Quinteiro, o candidato de Cidadáns por Galicia.

Arquivado en