26M: Normalidade en todos os colexios electorais de Pontevedra

Pontevedra
26 de maio 2019

A xornada electoral deste domingo, na que todos os concellos españois renovan as súas corporacións municipais, comezou con absoluta normalidade. Non se produciu ningunha incidencia na apertura dos 61 colexios electorais da cidade e as 106 mesas foron constituídas á hora prevista

Entrada ao colexio Álvarez Limeses Mónica Patxot

A xornada electoral deste domingo, na que todos os concellos españois renovan as súas corporacións municipais, comezou con absoluta normalidade.

Non se produciu ningunha incidencia na apertura dos 61 colexios electorais da cidade e as 106 mesas foron constituídas á hora prevista.

Desde as nove da mañá, un total de 66.927 pontevedreses poden exercer o seu dereito ao voto para elixir o seu alcalde para o próximos catro anos.

Nas eleccións do 26M, os cidadáns de Pontevedra elixen a 25 concelleiros.

Ademais, tamén se celebran comicios para renovar o Parlamento Europeo e cos votos das municipais tamén serán escollidos os novos deputados da corporación provincial da Deputación de Pontevedra.

Arquivado en