26M: Lores agarda que vote "todo o mundo" porque "nos xogamos moito"

Pontevedra
26 de maio 2019

Miguel Anxo Fernández Lores foi, unha vez máis, o máis madrugador de todos os candidatos á Alcaldía de Pontevedra en exercer o seu dereito ao voto. Fíxoo ás nove e cuarto da mañá na Casa da Cultura de Marcón

Miguel Anxo Fernández Lores votando nas eleccións municipais do 26M Diego Torrado

Miguel Anxo Fernández Lores foi, unha vez máis, o máis madrugador de todos os candidatos á Alcaldía de Pontevedra en exercer o seu dereito ao voto. Fíxoo ás nove e cuarto da mañá na Casa da Cultura de Marcón.

Acompañado, entre outros, de Lola Dopico, Guillerme Vázquez e o edil Alberto Oubiña, o candidato do BNG confía en que este domingo vote "todo o mundo" e haxa unha alta participación nas eleccións municipais e europeas porque "nos xogamos moito".

Fernández Lores, que busca ser reelixido como alcalde por sexto mandato consecutivo, sinalou que nun día tan "espléndido" como este domingo " dá tempo para todo" e, ademais de votar, pódese "xantar coa familia ou ir á praia".

"Agardo que todo vaia con normalidade e que gañe o mellor", sinalou.

O candidato do BNG pasará o resto da xornada visitando todos os colexios electorais de Pontevedra para saudar aos presidentes e vogais das mesas, así como a interventores e apoderados dos partidos políticos.

Todos eles, sinalou Lores, fan un labor "fundamental" para que funcionen as institucións e a xornada desenvólvase con normalidade.

Arquivado en